Convocatoria asemblea 29/01/09

by

Informámolos/as de que o próximo xoves 29 de xaneiro se celebrará Asemblea de Veciños/as no Restaurante Pórtico ás 20:00h, onde se tratarán, entre outros, os seguintes asuntos:

  • Situación actual das conversas co Concello de Teo e Mahía en relación coas zonas comúns da urbanización. Explicaranse os motivos da paralización do preacordo alcanzado no 2008 para o acondicionamento das zonas comúns así como as vías de solución.
  • Subministro de auga ás vivendas dos números 27 a 98. Anticipamos ao respecto que recibimos información de que Mahía ten intención de deixar de abonar os recibos de auga destas vivendas que viña pagando a Aquagest ata a data de hoxe. Postos en contacto co concelleiro de urbanismo do Concello de Teo ante a posibilidade de que este feito implique o corte do subministro de auga a estas vivendas, infórmasenos da intención do concello de actuar de oficio, reiniciando o subministro de forma inmediata. Chegado o caso, recomendamos que se dirixan a Aquagest e/ou ao concello solicitando a alta inmediata do subministro de auga.
  • Roubos en vivendas. A comarca de Teo está a sufrir unha vaga de roubos que xa afectou a varias vivendas da nosa urbanización. Explicarase o modus operandi que seguen os ladróns e se debaterán posibles medidas de seguridade.
  • Aprobación das contas do exercicio 2008.

Por outra banda, poñemos en coñecemento dos/as veciños/as que incorporaremos próximamente o sinal TDT correspondente a Localia TV e Correo TV. Estes canles só se poderán recibir a través de receptores TDT e/ou televisores con TDT incorporada; a súa recepción realizarase a través do canle 23 da UHF (490MHz).

Por motivos técnicos, a incorporación deste paquete dixital obriga a desprazar o canle analóxico polo que actualmente recibimos “A 2”, o que supón unha resintonización de dita cadea en todos os televisores. O novo canle polo que se emitirá “A 2” será o Canle 21 da UHF (471MHz).

A recepción do sinal TDT de Localia TV e Correo TV realizarase a través do repetidor do Pedroso xa que o de Montouto non o incorpora. Isto significa que as condicións climáticas poderán afectar á súa correcta recepción.

Se nada o impide, se prevé realizar estes labores a finais da presente semana.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s