Lemos en concellodeteo.com:
O Concello de Teo prevé obras, con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL), que priorizarán o investimento en servizos básicos, sobre todo saneamento e rede viaria. Tamén se espera poder realizar obras en todo o termo municipal. O Concello de Teo pode recibir do Fondo un total de 3.086.852 euros e as solicitudes pódense realizar ata o próximo 24 de xaneiro.
Os interesados en ter información detallada sobre este asunto poden ler o texto completo na web do concello.