Mañá abre a Mediateca do Grilo, sita na urbanización Mirasol de Cacheiras (frente ao supermercado Plaza). A noticia na web do Concello:
O concello de Teo contará a partir desta semana cun novo equipamento municipal. O mércores 15 inaugúrase a Mediateca municipal situada en Cacheiras. […]
O acto deste mércores será para todos os veciños e veciñas, que son os que a partir dagora lle deben dar vida a este novo local. A partir das 18,30 pódense achegar os máis pequenos da casa xa que Pepe Carreiro, o autor da colección Os Bolechas, estará na Mediateca para contar historias, debuxar e asinar libros. O acto oficial coas autoridades institucionais comezará ás 20,00 horas…