Ir á biblioteca

by

biblioteca

Entre os augamansinos e os teenses en xeral afeccionados á lectura haberá, seguro, moitos que prefiren surtirse de libros nas bibliotecas en lugar de nas librarías. O malo é que entre este lugar no que vivimos e as bibliotecas da capital median arredor de 7 km de estrada salpicada habitualmente de atascos. Suficiente como para desanimar a moitos lectores de biblioteca. Pero ¿sabíades que temos unha axencia de lectura ou minibiblioteca bastante máis perto? Concretamente nos Tilos, nos baixos da igrexa (Rúa Ameneiro s/n). Abre de e luns a venres, de 16:30h a 21:30h e os sábados de 16:30h a 20:30h e está dotada con arredor de 10.000 volumes para nenos e maiores. Na web do Concello están todos os datos sobre esta axencia de lectura.

Ademáis, por se non o sabiades, estase a preparar unha Mediateca na urbanización Mirasol de Cacheiras (frente ao supermercado Plaza). Deste asunto falouse no pleno de onte, pero de momento non sabemos qué se falou, nin se abrirá no futuro próximo ou lonxano nin nada, porque na prensa falan pouco destas cousas (quedan eclipsadas por outros follóns máis mediáticos). 

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s