Entre os enlaces da columna da dereita hai un cos horarios do bus que une a nosa urbanización con Santiago de Compostela. Acabamos de actualizalos tomando como referencia a web de Transporte Metropolitano de Galicia.
Augas Mansas -> Santiago:
Santiago -> Augas Mansas:
– Web de Transporte Metropolitano de Galicia cos horarios oficiais.
Eu non é por nada pero eses horarios estan bastante mal… mais que nada porque o que pon que vai dos verxeles a rosa e pasa pola urbanizacion as 14:50 en realidade pasa as 15:10 mais ou menos… E o que pon que pasa as 19:10 pasa as 19:25 aproximadamente tamen… Estos da xunta xa podian actualizar tamen os seus espazos web
Teño que pasar por Santiago unha mañá destas a facer recados; acabo de mira-lo horario por ver se podía ir en bus, pero…: o 1º bus Augas mansas – Santiago sae ás 7.40, demasiado temprano para moitos de nós; o segundo, as 10.40 (chega a Santiago ás 11), bastante tarde… sobre todo tendo en conta que se queres voltar antes da hora de comer terías que coller o bus de volta das 11.45 (o seguinte xa é ás catro da tarde). En resumo: quen queira utilizar o bus para ir facer recados pola mañá a Santiago dispón exactamente de 45 min para arreglarse na cidade…
Pouco útil o horario para este caso, en fin. Non me queda outra que ir en coche. Penso que non estaría nada mal poñer un bus de volta para a urbanización á unha ou unha menos cuarto da tarde…
Nas paradas xa estan ben os horarios…. o das 11:45 pasou a sair da rosa as 12 e hai un as 2:25 que chega a urbanizacion sobre as 3… A verdade eque os horarios non son o mellor… pero pouco a pouco a ver se os arranxan
Hola!!Voy a ir a augasmansas a pasar unos días, y me gustaría saber si hay autobuses que vayan desde Santiago a la urbanización por la noche. Es para poder salir y volver a casa…Lo siento, pero no entiendo nada el gallego :( espero que me podais ayudar. Muchas gracias!!! :)
Hola Tatiana, el último autobús para Augas mansas sale de Santiago (según la web http://www.transportemetropolitano.xunta.es) a las 20h. Y de lunes a viernes. Te sirve para salir de tarde, pero no de noche. Tendrías que volver en taxi… Un saludo y que lo pases bien en la urbanización y en Santiago.
Muchas gracias Óscar. Otra pregunta más…(ya que estamos) tengo 22 años. Sabes si hay gente de mi edad??que cosas puedo hacer por ahí?? Gracias de nuevo!!!!
No es el tuyo el tramo de edad que más abunda en la urbanización, Tatiana. Por aquí lo que puedes hacer es ir a la piscina (minúscula) o echarte a andar por los alrededores. Si tienes a alguien que te lleve en coche, podrías visitar sitios muy bonitos: el Xirimbao, A Burga en Pontevea, el Pico Sacro, Chaián, el viaducto de Ponte Ulla… y muchos más: aquí tienes un enlace a un PDF (en castellano) con un montón de propuestas. Y en esta otra web, propuestas para pasar el rato en Santiago: compostelacultura.org. Un saludo.
unha pregunta: onde collense os autobuses que saen dende augas mansas para ir a santiago e donde deixante os que ven dende santiago? gracias
¿Sabes onde están os contedores soterrados novos? Ao lado da zona verde. Ben, pois un pouco máis abaixo hai unha marquesina: aí. Un saúdo.
grazas
Hola, me gustaria saber el horario de autobuses, si sigue siendo el que aparece o hay mas. Si hay alguno que suba a la urbanización al medio día. y los de la mañana para bajar a Santiago.
Gracias
Ola Conchi. Os horarios de bus actualizados están na web de Transporte metropolitano de Galicia, aquí: http://tmg.cmati.xunta.es/horarios-area-de-santiago
O de sentido común básico sería que eses horarios estiveran colocados, actualizados e ben visibles nas propias marquesiñas, ¿non? Para que os usuarios puideramos consultalos alí mesmo, sen ter que andar facendo búsquedas en internet. Normalmente se un necesita coller un bus, vai a marquesiña e mira o horario. Aquí non. Non hai horario. Bueno, peor: hai un horario desactualizado, de hai anos. En fin: parece que sentido común e/ou interés na xestión do bus que pasa por Augas mansas non hai moito.
Moitas gracias