Postura da AA. VV. sobre o asunto da pista polideportiva

by

Trala reunión cos veciños do pasado 12 de setembro, o goberno do Concello de Teo decidiu ubica-la pista multideporte nun terreo municipal situado preto do instituto de Cacheiras. Esta asociación de veciños non comparte dita decisión, e así llelo fixo saber a Martiño Noriega, a quen lle enviou esta mesma tarde a seguinte carta:

Boas tardes Martiño,

Desde a directiva da Asociación de veciños Augas Mansas queremos transmitir o noso profundo malestar derivado das últimas medidas adoptadas polo equipo de goberno do concello.

Especialmente indignante foi o episodio relacionado coa pista multideporte, se ben non foi o único. Como sabes, a AA. VV. Augas Mansas leva anos solicitando ao Concello de Teo unha pista multideporte onde poder practicar fútbol e baloncesto. Por parte do equipo de goberno actual, representado polo concelleiro de urbanismo e por ti, apoióusenos desde o principio e, de feito, Rafa Sisto presentounos un modelo de pista múltiple nunha reunión que mantivemos no concello.

Agora que xa se consigue a subvención para a súa construción, o goberno do Concello de Teo danos as costas e presenta unha proposta para situar exactamente a mesma pista que se nos ofreceu nunha parcela diferente, xunto ao cemiterio. Vista a oposición veciñal a esta localización convocades ás asociacións veciñais de Cacheiras a unha reunión o pasado venres 12 de setembro para debater unha alternativa ao cemiterio, concretamente nun terreo adxacente ao Instituto de Cacheiras.

É evidente que vos valía calquera situación agás a de Augas Mansas, de feito a concelleira de Deportes, Carme Hermida, non só non mencionou a posibilidade de situar a pista no contorno da nosa urbanización, senón que en todo momento evitou mencionala e incluso ante algunhas preguntas efectuadas ao respecto negaba de forma sistemática calquera posibilidade de que así fora. En definitiva, sentimos que se boicotea e marxina a Augas Mansas xa que en ningún momento se deron argumentos de peso nin para rexeitar a opción de Augas Mansas nin para xustificar a opción do Instituto que, por outro lado, xa dispón de instalacións deportivas.

Se ben é certo que ti persoalmente, non a túa concelleira de deportes, realizaches unha declaración de apoio ao compromiso adquirido con Augas Mansas para a construción desta pista multideporte, a realidade dos feitos di o contrario, o que nos fai perder a confianza nas túas/vosas promesas. Por esta razón, de agora en diante non nos dedicaremos a xulgar as palabras e as promesas, como fixemos hasta hoxe, senón os feitos.

Por outra banda, en relación coa permuta do terreo de Mahía e a construción do parque infantil, o resultado foi nulo a pesar de ter alcanzado un acordo no mes de abril entre o Concello de Teo, Mahía e a Asociación de veciños Augas Mansas. A excesiva lentitude na execución deste acordo provocou que no mes de xullo se incorporase unha nova secretaria do concello que non accede a que os veciños paguen o recibo da auga sen a correspondente licenza de primeira ocupación; e por outra parte o concello tampouco está disposto a outorgar as devanditas licenzas.

O dano ante o noso colectivo de veciños, que é moi grande, xa está feito Martiño e só o pode remediar un compromiso firme, por escrito e con prazos para garantir, por un lado a construción da pista de deporte en Augas Mansas e, por outra banda, a realización da permuta con Mahía e a construción do parque infantil, ben con cargo a esta última ou ben con cargo ao orzamento municipal.

No mes de outubro celebraremos unha asemblea de veciños para tratar exclusivamente o sucedido con estes dous asuntos. Está nas túas mans recuperar a confianza dos nosos veciños neste equipo de goberno e, por este motivo, quedamos á túa disposición para o que necesites.

Recibe un cordial saúdo,

A directiva da AA. VV. Augas Mansas

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s