Hai un par de semanas puxeron bandas redutoras de velocidade na zona da estrada Cacheiras-Milladoiro que pasa pola nosa urbanización. Bandas indudablemente incómodas pero que cumplen unha función importante que xustifica a incomodidade: evitan que os condutores kamikazes pasen a velocidades kamikazes por Augas Mansas. Por esta razón foron solicitadas ao Concello repetidamente pola nosa asociación. Esta semana alguén arrancou as bandas. Na web do Concello falan sobre este asunto, que non é exclusivo de Augas Mansas, senón que afecta a todo Teo: A sustración vandálica de bandas redutoras ten un custo que xa supera os 4.000 euros.
