Un augamansino saltando a cacharela de 2007
Este ano a festa de Augas Mansas será diferente. Ademáis da habitual cacharela da noite de San Xoán celebraranse, previamente, o sábado 21 de xuño, catro talleres infantís impartidos por un grupo de animadores. Talleres de maquillaxe, de circo, de xogos tradicionais e de cociña que terán lugar entre as 17h e as 20:30h.
A partir das 21h dese mesmo sábado faremo-la tradicional sardiñada. Todo esto durará moito máis tempo do que viña durando habitualmente a nosa festa; é por eso que adiantamos estas actividades para o sábado: entendemos que a maioría da xente disporá de máis tempo libre o sábado que o luns.
Por suposto, a maiores desto, o luns 23 pola noite, véspera de San Xoán, xuntarémonos de novo para face-la tradicional cacharela, como é debido.
Todos os eventos levaranse a cabo nas zonas verdes colindantes coa piscina. Contamos coa vosa asistencia.
Unha aperta.