'Inspírate co galego'

by

Inspírate co galego chámase o concurso de fotografía comentada que hai unhas semanas convocou a Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co Concello de Teo para conmemorar o día das Letras Galegas e de Internet, que coinciden o 17 de maio. Comentámolo porque o noso veciño augamansino Eduardo Castro foi uns dos gañadores do concurso con estas fotos:

Magosto no Xirimbao

Magosto no Xirimbao

Felicidades Eduardo.
Máis información na web do concurso.

Advertisements

4 Respostas to “'Inspírate co galego'”

  1. yo Says:

    PARA ESES AUTODENOMINADOS CONFUNDIDOS QUE, COMA CERTAS AMARGADAS QUE ESCRIBEN COMO SUPOSTOS MILITANTES SOCIALISTAS, NON O SON:

    Recentemente houbo unha Asamblea Xeral na AA.VV de Augas Mansas. Asistiu a inmensa maioría dos seus membros.
    Entre os puntos a tratar figuraba o da posibilidade de solicitar a construcción dunha GALESCOLA no soar ao que a quería levar o sr. Noriega (¿lembrades o debate plenario sobre esta cuestión?).

    ¿Sabedes cantos votos houbo a favor da construcción desa galescola? Exactamente: ¡¡UN!!. Sí, dixen ben: ¡¡UN SÓ!!.

    ¿Credes que os que alardean de veciños confundidos son tais?

    ¿Non será que teñen as cousas moi clariñas pero prefiren agocharse baixo a máscara de “inxenuos veciños confundidos”?

    ¿Qué dirá agora aquel tamén suposto “vecinito de Cacheras que en perfecto castellano (¿para confundir, tamén?)manifestaba su pesadumbre y su indignación porque su hijo no podía educarse en una galescola”?
    Confundidos, vecinos de Cacheiras agraviados sin galescola, supostos militantes socialistas, funcionarios municipais agraviados, ciudadanos de Teo en la clandestinidad víctimas del extraordinario poder de jano leis, profesionais do insulto e da calumnia … ¿Quén está detrás de toda esta telaraña? Sabemos a orixe. Contanse cos dedos da man e sobran dedos. Moi axiña se desvelará a trama. Veredes a patraña burdamente montada. Non vos preocupedes. Os primeiros pasos xa están dados.

  2. ITO Says:

    NON SEI QUE DE QUE TRAMA FALAS, PERO EU VEXOO ASI:
    OS VECIÑOS TIVERON QUE DECIDIR ENTRE UNHA GALESCOLA OU ESCOLA INFANTIL, E UN CAMPO DE DEPORTES………….
    É ESCOLLERON :¡¡UN CAMPO DE DEPORTES¡¡¡
    SEGURO QUE A MAIORIA PENSOU QUE SERIA MAIS APROVEITABLE, POIS OS NENOS DE AUGAS MANSAS XA ESTAN CRECIDIÑOS (OS MAIS) E NON IRIAN A GALESCOLA OU ESCOLA INFANTIL.
    PERSOALMENTE NON TEÑO NADA ENCONTRA DAS GALESCOLAS, E MAIS ESPERO QUE VEÑA UNHA AO CONCELLO, PERO EN AUGAS MANSAS VIMOS QUE NON HAI SITIO…..E TAMPOUCO CARTOS SEN A COLABORACION DA XUNTA.

  3. óscar Says:

    Os veciños de augas mansas non votamos en contra da galescola; votamos, como di Ito, a favor da zona deportiva pola que suspiramos (falo en xeral) dende máis ou menos a primeira reunión que tivemos. Se che interesa a opinión dos augamansinos sobre as galescolas, mellor pregunta, porque da votación da que falas só podemos concluir que os veciños prefiren que se constrúa nos terreos colindantes á urbanización un campo de deportes antes que unha galescola. Pero ao millor están todos a favor de que se constrúa unha galescola en Teo, vai ti saber.

  4. yo Says:

    Moitas grazas polas correcións amigos veciños. Grazas.

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s