Xa non queda nada para o verán, calquera día chega a calor e, en previsión desto, Carlos, o presidente da asociación de veciños, acaba de porse en contacto coa empresa que mantén a nosa piscina para pedir que a deixen lista para o uso. En breve comezarán as labores de limpeza e acondicionamento; está previsto que rematen este mesmo venres 30 de maio pola tarde. A partir do sábado poderemos volver a darnos chapuzóns… se o tempo acompaña.
Unha tarde de piscina do 2007: