Xa temos resolto o problema da herba que, como sabedes, non se podía tirar nos contenedores de lixo normal. Agora podémola botar no novo composteiro que o concello colocou na zona sur da urbanización:
Estas son as instruccións de uso do composteiro:
¿Que se pode botar no composteiro?
- Plantas da horta e o xardín, incluídas as “malas herbas”
- Ramas trituradas ou en cachos procedenres de podas (de ata 3 cm de grosor)
- Matas, matorreiras e herba seca
- Follas caídas de árbores e arbustos (agás as da nogueira e loureiro real)
- Céspede
- Mondas e restos de froitas e hortalizas
- Cáscaras de froitos secos
Non se pode botar no composteiro:
- Materiais químicos ou sintéticos
- Materiais non degradables (vidro, metais, plásticos)
- Aglomerados ou contrachapados de madeira (nin as súas virutas)
- Deterxentes, produtos clorados ou antibióticos
Por certo, se vos fixades, na zona dos contenedores que se ve na foto hai un novo que tamén colocaron hai pouco: o de papel para reciclar.