Últimos recibos de GALP

Como sabedes, recentemente moitos veciños de Augas Mansas cambiamos de empresa suministradora de gas, de GALP a Gas Natural. Nas últimas semanas a xunta directiva da asociación recibiu numerosas queixas de veciños que, tralo cambio de empresa, seguían a recibir facturas de GALP cun importe de 2,59 eur en concepto de aluguer do contador. Parece ser que GALP non cursou as baixas dos veciños solicitadas en nome destes por Gas Natural.

Dada a situación, a xunta directiva decidiu consultar o asunto coa Unión de Consumidores de Galicia (UCG), onde nos informaron de que o procedimento empregado por Gas Natural á hora de solicitar a GALP as baixas dos veciños era perfectamente correcto e adecuado ás normas de actuación que para estes casos dicta a Consellería de Industria.

Informamos por tanto a tódolos afectados de que estas últimas facturas remitidas por GALP en concepto de aluguer do contador son incorrectas e non deberon ter sido enviadas. Pola súa banda, a UCG remitiu unha carta a GALP instando a dita empresa a que se axustara ao procedimento marcado por Industria, a anular as facturas xa emitidas e a retirar dos domicilios particulares os contadores.

E outro aviso con respecto ao tema do gas: estes días tense visto un individuo por Augas mansas facéndose pasar por instalador de Gas Natural. Preséntase nas casas dicindo que vai facer unha revisión, e logo a cobra, claro. Rumorease que sí é instalador (?) pero que nada ten que ver coa empresa Gas Natural. Os de Gas Natural chaman antes por teléfono. ¡Ollo!

Advertisements

3 opiniones sobre “Últimos recibos de GALP

  1. ADEMAIS GASGALICIA ENVIA UNHA CARTA ANTES, DANDO DUAS DATAS A ESCOLLER………..E NON CORRESPONDE FACER A REVISION TAN CEDO.
    OLLO AO PARCHE, SOBRE TODO NON PAGAR EN METALICO.

  2. Hoy 12 de mayo otra cartita de Galp, yo ya paso directamente a devolver el recibo y que vengan a retirar el contador cuando quieran.

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s