Caca

Vivir en Augas Mansas ten cousas estupendas. Respiramos aire fresco, estamos afastados de ruidos e follóns e temos amplas zonas verdes dentro e fóra da urbanización, por exemplo. O das zonas verdes é unha gozada: saes de casa e en dous pasos estás nun espazo amplio e cheo de herba para correr, pasear, xogar ao fútbol ou ao pilla pilla, ou o que che apeteza. Unha marabilla, ¿a que si? Non. Porque a zona verde da urbanización está infestada de caca. Se corres, paseas, xogas ao fútbol ou ao pilla pilla por aí éncheste de merda de can, garantizado.

caca

As protestas dos veciños son continuas. Falouse do tema xa en varias asambleas, e aínda que moita xente se preocupa de recolle-la caca do can, desgraciadamente sempre queda alguén que pasa de todo. Que pasa dos demáis. Veciños aos que polo visto lles trae sen coidado que a xente se encha de merda se se aventura a botar unha carreira por calquera zona verde común… ou que haxa que deixar de bota-la carreira para non encherse de merda.

Advertisements

Unha opinión sobre “Caca

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s