Hai cousa dun mes rematou o asfaltado do vial que une O Sisto coa entrada norte de Cacheiras, un pouco máis arriba do Canaleto. É unha boa noticia porque acorta en aproximadamente 1 km a viaxe a Santiago, aos Tilos ou onde vaiamos cara ao norte, e ademáis evita o paso pola zona estreita do Sisto.
A mala noticia é que xa aos poucos días da súa estrea empezaron a aparecer os primeiros baches, e agora, tan só a mes e pico do seu remate, está repleta deles… Lamentable.