No índice de enlaces da dereita temos un apartado adicado aos horarios de bus. Acabamos de actualizalo porque nas últimas semanas a empresa Estradense fixo un par cambios a petición de algúns veciños da urbanización. A cousa quedaría así:
Saídas dos Verxeles:
7:30 – 10:30 – 12:30 – 15:00 – 16:30 e 19:15h.
Saídas desde Santiago:
8:00 – 10:00 – 11:45 – 14:20 – 16:00 – 18:45 e 20:00h.
Recordemos que o bus que vai cara a Santiago pasa por Augas mansas arredor de 10/15 min despois de saír dos Verxeles.