A mediados do pasado mes de setembro tivo lugar un novo encontro entre os veciños e o goberno de Teo. Carlos Iglesias e Eduardo Castro, presidente e vocal da Asociación Augas Mansas, foron recibidos no Concello por Rafael Sisto, concelleiro de urbanismo, quen os informou da situación e marcha dalgún dos asuntos tratados na anterior reunión de xullo de 2007. En xeral todo parece ir por bo camiño, e xa hai unha primeira petición atendida: na estrada que ven de Cacheiras repintouse a demencial liña discontinua que nos puxeran en pleno cambio de rasante; o que antes estaba así:
Agora está así:
Ademáis disto é evidente que convén colocar unhas bandas rugosas ou algo similar que obrigue ós automovilistas a reducir a velocidade, normalmente excesiva, ca que circulan ó pasar pola urbanización; con esto está tamén dacordo o Concello, segundo nos informou Rafael Sisto, e temos o compromiso de que ditas bandas, ou similar, serán construidas próximamente.
Falouse tamén da famosa estrada que nos planos do PXOM seccionaba a urbanización e as súas zonas verdes pola metade; como xa dixemos en asambleas anteriores esta estrada non conta co apoio nin dos veciños nin do goberno nin aparentemente de ninguén, e é probable que finalmente se elimine do PXOM definitivo, pero este punto depende en última instancia da Consellería de Urbanismo, que é precisamente onde está agora o PXOM pendente de aprobación.
Outros temas que se trataron foron o mantemento das zonas verdes, o posible soterramento dos contedores, posibles dotacións de zonas recreativas… etc. De todo esto informaremos na vindeira asamblea.
Ola veciños:
Vexo que o Concello está de acordo en tomar medidas contra a velocidad demencial que moitos/as condutores/as pasan pola nosa urbanización. A este respecto, gustaríame que a Xunta Directiva non esqueza o tramo que vai desde Vilar de Calo até a estrada de Cacheiras-Solláns e que atravesa os puntos negros non urbanizados (onde se estreita a estrada por dúas veces). Nese tramo, a velocidade dalgúns veículos é realmente preocupante e, se non se toman medidas, algún día haberá unha desgraza.
Parabéns pola páxina. Seguro que será moi útil para mantermos unha boa comunicación.