Martiño Noriega, acompañado do concelleiro de urbanismo Rafael Sisto, visitaron onte Augas Mansas.
O novo rexidor aceptou a invitación da Asociación de Veciños e mantivo unha reunión con membros da xunta directiva quenes fixeron entrega dunha lista de necesidades básicas.
Entre estas necesidades, o alcalde volveu a comprometerse a non levar a cabo a estrada, plantexada polo PXOM, que dividiría a urbanización e destruiría zonas comúns.
Outro importante punto foi a non recepción da urbanización polo concello, que implica a inexistencia de licencias de primeira ocupación. O novo goberno municipal fará xestións para saber as razóns polas que Mahía ainda non ten entregada a urbanización.
Despois da reunión, Noriega e Sisto foron guiados nunha visita a urbanización. Amosouselles os espazos que poderían ser destinados a parques e pistas deportivas, as necesidades na recollida de lixo, o estado da estrada norte e a súa deficiente sinalización viaria, e outras deficiencias que teñen que ser subsanadas antes da entrega da obra por parte de Mahía.
Nun ambiente distendido, o novo alcalde mantívose sempre moi receptivo manifestando o seu desexo de solución destes problemas e agradecendo coñecer “in situ” as inquedanzas dos veciños. [Texto de Javier Esteban Lapeña]