Agora mesmo, xoves, 9.30 da mañá, acabamos de facerlle a foto de arriba. En realidade hai dous xardineiros, que a parte do da foto veu outro máis cunha desbrozadora. Sorprendeunos, acostumados a que nos viñeran nada máis que unha vez ao ano, os días previos á sardiñada do San Xoán. Resulta que O concello contratou o mantemento das zonas verdes e axardinadas públicas do Concello de Teo cunha superficie de case 100.000 metros cadrados. Boa noticia.
¡Un xardineiro en Augas Mansas!
21 Outubro, 2010Focha
2 Outubro, 2010
Hai cousa de dez días apareceron uns señores que abriron unha zanxa de lado a lado na estrada que une Cacheiras e Milladoiro ao seu paso por Augas Mansas. Non sabemos que empresa é nin para que abriron a zanxa; o que si sabemos é que, en lugar de restaurar a estrada e deixala como estaba antes de traballar nela, deixárona alegremente así como se pode ver na foto. Agora, aparte das habituais bandas redutoras de velocidade ás que xa estamos resignadamente acostumados, temos tamén esta focha que pouco a pouco vai adquirindo a profundidade dunha trincheira da primeira guerra mundial.
Antonte (30 setembro) pola tarde, chamamos á policia local de Teo para pedir axuda con este tema. Tomaron nota e aseguraron que investigarían o asunto e farían o posible por que quedara arranxado canto antes.
Xa funcionan todos contenedores novos
17 Setembro, 2010Anúnciano na páxina do concello: Comezan a funcionar os colectores subterráneos de recollida selectiva nos Tilos e en Augas Mansas.
Por certo que ao entrar na web do concello enteirámonos tamén de que O Concello colocará unha pantalla para ver as últimas etapas da Volta no pavillón municipal Ezequiel Mosquera.

Resulta que Ezequiel, o ciclista teense que da nome ao pavillón sito no cole da Ramallosa, vai de segundo na Vuelta ciclista a España, e con opcións de quedar de primeiro…
¿Que pasa coa TDT?
1 Setembro, 2010Lemos nos comentarios á entrada anterior:
Cando poderemos ver en Augas Mansas unha TDT en condicións???? Porque vamos, non entendo como todas as casas de arredor poden ver xa todos os canales novos (MTV, NITRO, BOING…) E nós non… gustariame recibir unha respota…
Outro veciño di:
Suscribo lo dicho por veciño, en mi casa tengo un televisor por planta y cuanto más arriba peor se ve, con cortes continuos, sobre todo antena 3, llega la señal muy débil, y como aficionado al baloncesto me estoy perdiendo todo el mundial por marca tv. No sé si es un tema económico o técnico, porque tengo entendido que hay que hacer algunos cambios en la antena para sintonizar estos nuevos canales. Me gustaría que si alguien sabe algo del tema que lo publique en la web.
Días atrás un terceiro veciño enviaba esta consulta á lista de correo:
Resulta que vemos muy mal la televisión… sin TDT solo cogemos 7 canales con mucho ruido, y con TDT cogemos perfectamente 3 o 4, locales, pero ninguno más… cuál podrá ser el problema?
¿Que pasa coa TDT en Augas Mansas?
Instalados os novos contenedores
26 Agosto, 2010
Xa están instalados os novos contenedores subterráneos na zona norte da urbanización. De momento so funcionan o de vidro e o de plástico. Non está de máis recordar que estos contenedores están aí gracias ao traballo da xente da anterior directiva da Asociación Augas Mansas, e a atención do Concello.
Non derrochar auga (II)
31 Xullo, 2010Lemos en concellodeteo.com:
O Concello reitera a petición de que a cidadanía faga un uso responsable da auga potable. (30/07/2010)
O Concello de Teo volve dar a voz de alarma respecto do consumo de auga potable. Nestes días polas altas temperaturas estase detectando unha escaseza de fluxo sobre todo nas zonas altas do Concello, a onde chega con pouca presión.
O alcalde explica que “nas zonas verde públicas séguese mantendo a orde de restrinxir o rego e pediríamos aos particulares que teñan en conta esta medida xa que nunha situación de escaseza de subministro débese primar o consumo para uso persoal”.
A principios de verán dende o Concello xa se trasladaba que existía o risco de que durante o verán se tiveran que realizar cortes puntuais de auga potable. Estes días de extremo calor o depósito da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Pontevea ten un volume suficiente mais é o alto consumo o que fai que o fluxo que vai polas tuberías faga que nas zonas máis altas se note escaseza.
Para evitar esta situación “a única receita que se pode recomendar a medio prazo é a petición dun consumo responsable sobre todo para regos ou piscinas” explica o alcalde. No último mes “acordouse coa empresa xestora do servizo a posta en marcha dunha segunda bomba como unha solución puntual para garantir o mantemento do nivel de auga preciso no depósito” destaca Noriega.
A ETAP de Pontevea, está ó límite da súa capacidade de producción e para dimensionar a instalación é preciso un investimento dun millón de euros que xa está recollido nos orzamentos xerais do estado dende o 2008 pero que polo de agora as administracións supramunicipais, Ministerio e Xunta de Galicia, non vehiculizaron.
Novos contenedores
23 Xullo, 2010
Xa están en marcha as obras de instalación dos novos contenedores subterráneos en Augas Mansas.
Fotos San Xoán 2010
4 Xullo, 2010
Xa están na web as fotos da noite de San Xoán e da sardiñada de 2010. Este ano hai poucas porque, dos dous fotógrafos que temos habitualmente, un estaba de viaxe (e coa cámara estropeada, para máis INRI), e o outro estaba asando chourizos.
Non derrochar auga
27 Xuño, 2010Dende o Concello de Teo pídese “un consumo responsable de auga nos vindeiros meses, sobre todo no que se refire a piscinas privadas e sistemas de rego”. De feito o goberno municipal xa deu orde de limitar o tempo de rego en zonas verdes públicas. “Sen querer parecer alarmistas, a gravidade da situación actual fai que non se descarte que durante o verán se produzan cortes puntuais de auga” explica Rafael Sisto, concelleiro de urbanismo e obras.
Información completa en concellodeteo.com: O Concello amosa a súa preocupación pola situación de escaseza de auga potable.
¡Non! ¡A sardiñada coincide co mundial!
25 Xuño, 2010
España 0 – Suiza 1, por blogpocket (cc)
Cando puxemos data á sardiñana nada sospeitábamos desta horrorosa coincidencia horaria co decisivo partido España – Chile do mundial. Non sabemos que vai ocorrer. ¿Aparecerá alguén cunha tele para que poidamos ver o partido mentres asamos as sardiñas? ¿Cantaremos os goles atragantados de chourizos e pan de bola? ¿Como responderá a comunidade augamansina ante esta complicada disxuntiva? A solución, esta noite, ás 9h, ao lado da piscina. O único que podemos garantir é que os organizadores, as sardiñas, os chourizos, as empanadas, a cervexa, a sangría e unha radio AM/FM estaremos alí coma cravos, colocando todo desde as 20.30h.
Actualización: salvo imponderables técnicos, poderemos ver o España – Chile en directo desde a sardiñada. Temos unha vella tele de tubo e trinta metros de cable de antena. Será a sardiñada máis kitsch e surrealista da historia de Augas Mansas.
