Augas Mansas Páxina da asociación de veciños 2010-02-09T10:26:15Z WordPress http://augasmansas.com/feed/atom/ óscar http:// <![CDATA[Nova directiva]]> http://augasmansas.com/?p=241 2010-02-09T10:26:15Z 2010-02-09T10:26:15Z Na asemblea do pasado xoves 4 de febreiro de 2010 quedou designada a nova directiva, que está formada por José Manuel do chalé 152 (presidente), José Luis do 135 (vicepresidente) e Javier do 64 e Luis do 62, (vogais). Fernando Ginarte, da Gestoría Ginarte, queda no cargo de administrador.

]]>
0
óscar http:// <![CDATA[Convocatoria asemblea 04/02/2010]]> http://augasmansas.com/?p=238 2010-02-01T11:40:41Z 2010-02-01T11:39:19Z Informamos de que o próximo xoves 4 de febreiro terá lugar unha nova asemblea de veciños; será no Restaurante Pórtico, ás 19.30 en primeira convocatoria e ás 20.00 en segunda.

Esta é a orde do día:

  • Renovación dos cargos da xunta directiva.
  • Aprobación das contas do ano 2009
  • Rogos e preguntas
]]>
0
óscar http:// <![CDATA[Rexeitado de novo o PXOM de Teo]]> http://augasmansas.com/?p=235 2010-01-30T09:00:19Z 2010-01-30T08:59:39Z Falan deste asunto en El País, na Consellería de Medio Ambiente e na propia web do Concello, por exemplo.

]]>
0
óscar http:// <![CDATA[¡Buaaahh!]]> http://augasmansas.com/?p=216 2010-01-10T09:21:24Z 2010-01-08T11:19:05Z
A piscina dos nenos de Augas mansas

Así amenceu hoxe Augas mansas e boa parte de Galicia. Colapso en Lugo e Santiago, din os periódicos. En la capital gallega la situación es muy complicada. Se ha suspendido el transporte urbano y muchos quioscos se han quedado sin periódicos por falta de reparto. Además ha estado cortado durante horas el acceso al polígono de El Tambre desde Salgueiriños y a estas horas hay que utilizar preferentemente una vía de servicio y utilizar cadenas. La policía local recomienda no usar los vehículos privados para desplazarse por la ciudad incluso en las calles más céntricas donde la fina capa de nieve caída durante la noche se está convirtiendo en hielo. Ha señalado que, si es preciso utilizar el coche, se haga con cadenas. También hay problemas en el área metropolitana de Santiago como en O Milladoiro. Con esta situación, muchas personas han tenido problema para acudir a sus puestos de trabajo porque la circulación está colapsada. (De La Voz de Galicia.)

Houbo unha pequena reunión de augamansinos a primeira hora da mañá, na piscina, para facer intercambio de bolazos :-) Subimos algunhas fotos a unha das nosas galerías de internet. Os que teñades máis imaxes deste momento especial podedes envialas a augasmansas arroba gmail.com, se queredes que as engadamos a galería.

Engadido (9 de xaneiro): Hoxe espertamos de novo co manto branco que o cubría todo. Onte recibimos no correo electrónico de Augas mansas algunhas fotos máis da neve que xa engadimos á galería web. Tamén un veciño, Diego, suxeríanos botar un vistazo a un vídeo de Santiago de Compostela nevada

neve en augas mansas

neve en augas mansas

]]>
0
óscar http:// <![CDATA[Un día sen gas]]> http://augasmansas.com/?p=204 2009-11-10T11:54:33Z 2009-11-10T11:15:48Z fotografía de AZAdam
Foto: AZAdam (CC)

Parece ser que onte, 9 de novembro, rompeu unha tubería de auga en Cacheiras; houbo unha fuga con filtracións á rede de canalización de Gas Natural e esto provocou unha avería que fixo que estivéramos todo o día sen servicio de gas. Segundo acaban de dicirnos desde a empresa, “a avería quedou restablecida onte á tarde”. Sen embargo somos moitos os que aínda nesta mañá de martes non temos gas, nin auga quente nin calefacción.

Suxírennos desde Gas Natural que probemos a apaga-la caldeira, pecha-la chave do gas durante 15 minutos, e encendela de novo. Convén ademáis, mentras está apagada, presionar o botonciño que hai á dereita desa caixiña metálica circular que está cerca da caldeira, no conducto do gas. Se despois disto segue sen funcionar, teríamos que chamar ao servicio técnico: o teléfono de urxencias, gratuito, é o 900 750 750; o de reparacións (ao que posíblemente nos derivarán) é un 902 (902 350 053), de pago (aínda que sexamos clientes de Gas Natural, a atención telefónica ao cliente hai que pagala a maiores; ademáis, no meu caso tiven que chamar sete veces para recibir axuda –se están ocupados non comunica: entra a chamada, soa unha breve grabación robótica e comunicación se corta, co cual hai que volver marca-lo 902 e, lóxicamente, apoquinar máis: mal servicio de atención telefónica de Gas Natural.)

E, xa que estamos a falar de enerxía, aproveitamos para preguntar: ¿notáchedes unha subida na factura de Fenosa? Somos varios os veciños que, sen ter feito nada especialmente diferente a outros meses, notamos un encarecemento considerable na última factura, a de outubro.

]]>
0
óscar http:// <![CDATA[Plano de Augas Mansas no PXOM]]> http://augasmansas.com/?p=201 2009-11-09T09:24:13Z 2009-11-09T09:24:13Z plano pxom augas mansas

O pleno aprobou o pasado 16 de outubro o informe do equipo redactor para a cumplimentación da orde do 11 de febreiro de 2009, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e aprobación provisional do documento refundido do PXOM do Concello de Teo. Nesta páxina están dispoñibles para descargar todos os PDF cos planos do PXOM do Concello. O que inclúe a nosa urbanización é o da zona 11, podédelo descargar directamente neste enlace: Plano de Augas Mansas no PXOM de Outubro de 2009.

]]>
1
óscar http:// <![CDATA[Programa de compostaxe caseira municipal]]> http://augasmansas.com/?p=198 2009-10-07T10:33:51Z 2009-10-07T10:32:44Z Lemos na web do Concello de Teo:

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Teo vén de abrir o prazo para solicitar a participación nun programa de compostaxe caseira. As persoas interesadas en formar parte do programa poden presentar dende hoxe 1 de outubro a ficha de inscrición, ata o 15 de outubro.

A selección dos participantes farase por rigurosa orde de inscrición polo que as solicitudes deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou os sábados de 09.00 a 13.00 horas.

Este programa consiste na entrega dun composteiro para particulares que terá un seguimento por parte de educadores ambientais de alomenos seis meses. Para participar hai que estar empadroado, ter unha vivenda habitual en Teo e ter horta ou xardín.

Dende o Departamento de Medio Ambiente preténdese con esta iniciativa divulgar a compostaxe como método de reutilización dos residuos orgánicos. Deste xeito tamén se traballa na reducción do lixo no Concello. Unha vez rematado o prazo para anotarse organizarase unha charla informativa e entregarase o composteiro acompañado dun manual de compostaxe caseira.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, da Xunta de Galicia subvenciona parcialmente esta iniciativa.

]]>
0
óscar http:// <![CDATA[Actualizados os horarios do bus (sep/09)]]> http://augasmansas.com/?p=190 2009-09-21T16:50:44Z 2009-09-21T16:48:03Z A empresa de buses encargada da ruta Augas Mansas – Santiago de Compostela (Rúa da Rosa) cambiou lixeiramente os horarios; quedan así:

Idas:

idas

Voltas:

voltas

Información tomada da web Transporte metropolitano de Galicia.

]]>
0
óscar http:// <![CDATA[Xa non temos composteiro]]> http://augasmansas.com/?p=188 2009-09-20T08:16:07Z 2009-09-20T08:16:07Z Puxérannolo en maio de 2008. Pouco durou. ¿E agora?

R.I.P. Composteiro

]]>
3
óscar http:// <![CDATA[A ocupación de zonas verdes, prescrita]]> http://augasmansas.com/?p=183 2009-08-31T08:59:14Z 2009-08-01T08:21:56Z Reproducimos a continuación unha nota de prensa, difundida polo Concello de Teo a semana pasada, sobre o asunto do aval e da ocupación de zonas verdes (do que falamos aquí hai uns meses):

A FISCALÍA COMUNÍCALLE AO CONCELLO QUE A OCUPACIÓN DE ZONAS VERDES EN AUGAS MANSAS POR PARTE DA PROMOTORA ESTÁ PRESCRITA

O alcalde de Teo destaca que “o grupo de goberno cumpriu coa súa obriga de trasladar cuestións que entendíamos como irregulares á Fiscalía”

23 de xullo de 2009. A Fiscalía do TSJ de Galicia comunicoulle ao Concello de Teo que a ocupación demostrada de zonas verdes por parte da promotora na urbanización de Augas Mansas é unha actuación que dado o tempo trasncurrido está prescrito na vía penal.

O alcalde de Teo trasladara á Fiscalía o pasado mes de marzo “varios feitos que nos entendíamos como irregulares no expediente desa urbanización promovida por Mahía”. Entre outras cousas denunciábase a falta dun aval constituído por valor de un millón de euros e a ocupación de zonas verdes.

O Concello remitiu á Fiscalía, previa solicitude desta, un levantamento topográfico que determinaba qué zonas verdes desta urbanización se ocuparan con elementos comunitarios. Este informe especificaba que había 700 metros ocupados pero en ningún caso por vivendas.

Neste momento o fiscal comunica ao Concello que este delito está prescrito na vía penal. En relación coa falta de aval constituido explícase que dende o punto de vista procedimental carece de encaixe no Código Penal, sen perxuízo das responsabilidades no orden disciplinario.

Martiño Noriega explica que “o grupo de goberno cumpriu coa súa obriga de notificar cuestións que nós entendemos como irregulares e o feito de que os delitos prescribiran non lle resta importancia ao feito”.

Concello de Teo

]]>
0