Arquivo da categoría ‘xeral’

Non derrochar auga

Domingo, Xuño 27th, 2010

Dende o Concello de Teo pídese “un consumo responsable de auga nos vindeiros meses, sobre todo no que se refire a piscinas privadas e sistemas de rego”. De feito o goberno municipal xa deu orde de limitar o tempo de rego en zonas verdes públicas. “Sen querer parecer alarmistas, a gravidade da situación actual fai que non se descarte que durante o verán se produzan cortes puntuais de auga” explica Rafael Sisto, concelleiro de urbanismo e obras.

Información completa en concellodeteo.com: O Concello amosa a súa preocupación pola situación de escaseza de auga potable.

Xabier P. Docampo na Mediateca

Sábado, Xuño 19th, 2010

xavier p. docampo

Hoxe sábado, ás 20.30h, Xabier P. Docampo falará coa xente de Teo moi perto de Augas Mansas: na Mediateca do Grilo. Será un acto de recuperación de Memoria Histórica titulado O ensino nacionalcatólico. Experiencias dun neno dos 50.

Reproducimos a nota de prensa que emitiu a asociación organizadora, A Oliveira:

A Oliveira de Teo convida ao público en xeral a se achegar á Mediateca Municipal O Grilo, este sábado 19 de xuño, ás 20,30 horas, para asistir á charla que vai impartir o mestre, escritor, articulista de prensa, colaborador de radio e televisión, activo fundador de movementos de renovación pedagóxica, conferenciante con ampla experiencia, actividade que o levou por latitudes diversas do mundo para impartir diversos cursos, o chairego Xabier P. Docampo. A conferencia leva por título: A educación nacional católica. Experiencias dun neno dos 50.

A de escritor é talvez a labor pola que é máis coñecido Xabier P. Docamo. Está considerado por crítica e público como un dos máis relevantes de Galicia, cun papel de primeira liña na renovación da literatura xuvenil galega. Os seus libros foron recoñecidos con importantes galardóns (Feira do Libro de A Coruña, Emilia Pardo Bazán, á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil do Ministerio de Educación, Rañolas, IBBY Honour List 1996, ou The White Ravens da Jugendbibliothek de Munich).

Da Oliveira de Teo queremos resaltar tamén o seu traballo como activo militante a prol do idioma galego, que mesmo acrecentou nestes tempos que andamos, nos que a nosa lingua sufriu, e está a sufrir, un ataque sen precedentes, por parte de persoas e organizacións que practican a intolerancia desde un fanático sentimento de racismo lingüístico.

Quen escoitou algunha vez o conferenciante co que temos a honra de contar na Oliveira de Teo para esta charla que anunciamos, sabe da calidade da súa oratoria. Por iso estamos convencidos de que, da man do rigor e amenidade das palabras de Xabier P. Docampo, os asistentes participaremos nun interesante acto de recuperación de memoria histórica.

Contamos coa súa presenza nas instalacións municipais da Mediateca O Grilo, que agradecemos de antemán.

Terreo despexado para o San Xoán

Venres, Xuño 11th, 2010

Esta mañá deixáronnos cortada a herba da zona verde na que celebramos o San Xoán e a Sardiñada:

Shakespeare para ignorantes

Luns, Maio 31st, 2010

shakespeare para ignorantes en teo

Recibimos aviso de Carme Hermida, a concelleira de cultura, de que este venres 4 de xuño ás 22:00 horas, o grupo de teatro Mofa e Befa, xunto con Quico Cadaval, representarán no Centro Sociocultural da Ramallosa (contiguo ao concello) a obra Shakespeare para ignorantes. Para non perdelo.

Sinopse: O aspecto inicial do espectáculo é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos. Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escena será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da imortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circustantes, o concurso de dous actores talentosísimos, máis temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA. (Sinopse completa na web de Mofa e Befa.)

Tamén falan desta actuación na Grileira, a web da Mediateca do Grilo: Revisitando a Shakespeare.

Lista de correo

Xoves, Maio 27th, 2010

lista de correo augas mansas

Hoxe recibimos os socios da Asociación Augas Mansas unha carta da xestoría que nos axuda cos asuntos administrativos e brocráticos.

Nesa carta había dous papeis. Un dos papeis era para informar da existencia do outro papel: “Adxúntase información para todos os veciños…”. No outro papel informábasenos brevemente de que “los vecinos que en años anteriores se habían encargado de organizar la fiesta de San Xoán que se venía celebrando todos los años, en esta ocasión no pueden organizarla.” Lo cual es, faltaría más, perfectamente comprensible.

La pena es que nos enteremos por carta, cada uno en su casita, sin la opción de responder a esto charlando, en grupo, reunidos, de manera que, en el mismo monento en el que nos enteráramos de que los viejos organizadores ya no organizarán la fiesta este año, tuviéramos posibilidad de reorganizar el asunto in situ y decir: pues venga, yo me acerco a comprar los chorizos, o yo puedo encargar las empanadas, o yo sí que quiero seguir echando un cabo organizando, o lo que fuera. De ter falado esto reunidos en persoa, a desbandada tería sido, seguro, menor, e a festa tería máis probabilidades de sobrevivir.

San Xoan a parte… en vista de que nos reunimos pouco últimamente, propoño que fagamos algo que pode axudar a que esteamos un pouco máis comunicados entre nós, en conxunto, como urbanización quero dicir; un pouco máis alá dos grupiños de amigos e veciños que haxa en cada zona de casas. Propoño que fagamos unha lista de correo para complementar as posibles reunións que fagamos en persoa. Para encher os ocos, grandes ou pequenos, que quedan entre reunión e reunión. Para quen non esté ao tanto, según a Wikipedia…:

Las listas de correo electrónico son un uso especial del correo electrónico que permite la distribución masiva de información entre múltiples usuarios de Internet a la misma vez. En una lista de correo se escribe un correo a la dirección de la lista (ej: silet@correo.org) y le llega masivamente a todas las personas inscritas en la lista [...]

Máis información:
http://es.wikipedia.org/wiki/Lista_de_correo_electronico

Ben, pois todo aquel que estea interesado en apuntarse a esta lista de correo para poder falar, comentar, propoñer, discutir calquera asunto relacionado con Augas Mansas (San Xoán, a piscina, o autobús, e calquera cousa que se nos ocorra) por correo electrónico non ten máis que enviar un correo a augasmansas (arroba) gmail.com indicando o nome e o número de casa na que se vive. Despois recibirá un correo con instruccións técnicas para participar. É facil. Tan fácil, nin máis nin menos, como escribir un correo electrónico.

Só poderán escribir e ler correos da lista aqueles que se apunten. ¡Animádevos!

Augas Mansas desde o ceo

Mércores, Marzo 24th, 2010

Así se vía Augas Mansas desde satélite no ano 2001:

augas mansas satelite 2001

Esta outra imaxe debe ser de arredor de 2007:

augas mansas desde satelite

Na imaxe de abaixo podemos apreciar a armónica proporción entre as dimensións da urbanización e as das piscinas. Mahía foi especialmente magnánima neste aspecto. Vemos tamén que o cuadrante noroeste, onde se construíron os adosados, está, sen dúbida, ben aproveitadiño.

Podes ver Augas Mansas directamente en Google Maps e incluso dar un paseo virtual polo concello.

Un día sen gas

Martes, Novembro 10th, 2009

fotografía de AZAdam
Foto: AZAdam (CC)

Parece ser que onte, 9 de novembro, rompeu unha tubería de auga en Cacheiras; houbo unha fuga con filtracións á rede de canalización de Gas Natural e esto provocou unha avería que fixo que estivéramos todo o día sen servicio de gas. Segundo acaban de dicirnos desde a empresa, “a avería quedou restablecida onte á tarde”. Sen embargo somos moitos os que aínda nesta mañá de martes non temos gas, nin auga quente nin calefacción.

Suxírennos desde Gas Natural que probemos a apaga-la caldeira, pecha-la chave do gas durante 15 minutos, e encendela de novo. Convén ademáis, mentras está apagada, presionar o botonciño que hai á dereita desa caixiña metálica circular que está cerca da caldeira, no conducto do gas. Se despois disto segue sen funcionar, teríamos que chamar ao servicio técnico: o teléfono de urxencias, gratuito, é o 900 750 750; o de reparacións (ao que posíblemente nos derivarán) é un 902 (902 350 053), de pago (aínda que sexamos clientes de Gas Natural, a atención telefónica ao cliente hai que pagala a maiores; ademáis, no meu caso tiven que chamar sete veces para recibir axuda –se están ocupados non comunica: entra a chamada, soa unha breve grabación robótica e comunicación se corta, co cual hai que volver marca-lo 902 e, lóxicamente, apoquinar máis: mal servicio de atención telefónica de Gas Natural.)

E, xa que estamos a falar de enerxía, aproveitamos para preguntar: ¿notáchedes unha subida na factura de Fenosa? Somos varios os veciños que, sen ter feito nada especialmente diferente a outros meses, notamos un encarecemento considerable na última factura, a de outubro.

Actualizados os horarios do bus (sep/09)

Luns, Setembro 21st, 2009

A empresa de buses encargada da ruta Augas Mansas – Santiago de Compostela (Rúa da Rosa) cambiou lixeiramente os horarios; quedan así:

Idas:

idas

Voltas:

voltas

Información tomada da web Transporte metropolitano de Galicia.

Xa non temos composteiro

Domingo, Setembro 20th, 2009

Puxérannolo en maio de 2008. Pouco durou. ¿E agora?

R.I.P. Composteiro

A piscina xa está aberta

Mércores, Maio 27th, 2009

Piscina apta para el baño

O venres pasado quedou limpa e apta para o baño a piscina de Augas Mansas. Desde xa podemos disfrutar da nosa oceánica masa de auga e as inmensas pradeiras que a arrodean. Recordade que, para garantiza-lo mantemento da paz de espírito veciñal convén ter en conta algunhas normas básicas de sentido común que non faría falta mencionar, como por exemplo: abstenerse de xogar a fútbol, baloncesto, rugby, hockey, waterpolo, rugby, taekwondo ou similares dentro do recinto (téñense dado casos); non botarse á piscina ao estilo bomba máis de dezasete persoas á vez (moi posiblemente téñense dado casos); non deixar a chave da piscina a xente que non é da urbanización (téñense dado casos); ser comedido á hora de traer visitas; paga-las cuotas de mantemento, e este tipo de cousas. A desfrutar.