Arquivo da categoría ‘mahia’

Augas Mansas desde o ceo

Mércores, Marzo 24th, 2010

Así se vía Augas Mansas desde satélite no ano 2001:

augas mansas satelite 2001

Esta outra imaxe debe ser de arredor de 2007:

augas mansas desde satelite

Na imaxe de abaixo podemos apreciar a armónica proporción entre as dimensións da urbanización e as das piscinas. Mahía foi especialmente magnánima neste aspecto. Vemos tamén que o cuadrante noroeste, onde se construíron os adosados, está, sen dúbida, ben aproveitadiño.

Podes ver Augas Mansas directamente en Google Maps e incluso dar un paseo virtual polo concello.

A ocupación de zonas verdes, prescrita

Sábado, Agosto 1st, 2009

Reproducimos a continuación unha nota de prensa, difundida polo Concello de Teo a semana pasada, sobre o asunto do aval e da ocupación de zonas verdes (do que falamos aquí hai uns meses):

A FISCALÍA COMUNÍCALLE AO CONCELLO QUE A OCUPACIÓN DE ZONAS VERDES EN AUGAS MANSAS POR PARTE DA PROMOTORA ESTÁ PRESCRITA

O alcalde de Teo destaca que “o grupo de goberno cumpriu coa súa obriga de trasladar cuestións que entendíamos como irregulares á Fiscalía”

23 de xullo de 2009. A Fiscalía do TSJ de Galicia comunicoulle ao Concello de Teo que a ocupación demostrada de zonas verdes por parte da promotora na urbanización de Augas Mansas é unha actuación que dado o tempo trasncurrido está prescrito na vía penal.

O alcalde de Teo trasladara á Fiscalía o pasado mes de marzo “varios feitos que nos entendíamos como irregulares no expediente desa urbanización promovida por Mahía”. Entre outras cousas denunciábase a falta dun aval constituído por valor de un millón de euros e a ocupación de zonas verdes.

O Concello remitiu á Fiscalía, previa solicitude desta, un levantamento topográfico que determinaba qué zonas verdes desta urbanización se ocuparan con elementos comunitarios. Este informe especificaba que había 700 metros ocupados pero en ningún caso por vivendas.

Neste momento o fiscal comunica ao Concello que este delito está prescrito na vía penal. En relación coa falta de aval constituido explícase que dende o punto de vista procedimental carece de encaixe no Código Penal, sen perxuízo das responsabilidades no orden disciplinario.

Martiño Noriega explica que “o grupo de goberno cumpriu coa súa obriga de notificar cuestións que nós entendemos como irregulares e o feito de que os delitos prescribiran non lle resta importancia ao feito”.

Concello de Teo

¿E o aval por garantía de obras?

Sábado, Marzo 14th, 2009

Lemos en concellodeteo.com:

O proxecto de urbanización definitivo de Augas Mansas foi aprobado o 26 de xuño de 2000 polo entón alcalde, o popular Armando Blanco. A promoción desta urbanización esixía por lei a constitución dun aval como garantía polo costo das obras de urbanización no caso de realizar a urbanización e as edificacións de xeito simultáneo como se daba neste caso. Segundo consta no expediente as primeiras licenzas de edificación apróbanse un mes despois da aprobación do proxecto de urbanización na Xunta de Goberno Local do 31 de xullo de 2000. Cabe destacar que o ex alcalde, Armando Blanco, auséntase desa sesión por ser parte interesada nesta promoción urbanística.

Cando o goberno municipal actual toma posesión o 15 de xuño de 2007 realízase unha acta de arqueo na que figura unha relación de avais existentes na caixa da corporación. Nese documento aparece un aval por valor de 1.000.000 euros a nome de Mahía Santiago en concepto de Urbanización SAU 4 con data 19 de xuño de 2000.

O alcalde explica que neste momento “podemos asegurarvos que esta acta de arqueo non se corresponde coa realidade”.

[...]

A entidade financeira na que se supón que estaba constituído ese aval de algo máis dun millón de euros comunica que non lle consta ningún aval aínda que si existe unha solicitude de constitución de aval tramitada no 2000 pero que nunca chegou a ser realidade. Comprobando a caixa forte da corporación constátase que non existe ningún aval. A realidade é que o que se certificou na acta de arqueo realizada na toma de posesión do alcalde como un aval é unicamente unha solicitude.

- Información completa na web do Concello de Teo.
- A noticia en El País.
- A noticia en El Correo Gallego.

Pasiño a pasiño

Venres, Maio 2nd, 2008

¿Recordades a serie de peticións que desde a xunta directiva da asociación se fixo ao Concello e a Mahía e que comentamos aquí un par de notas máis abaixo? Bueno, pois xa se deu algún paso ao respecto. Dous, concretamente:

Por un lado, retiráronse por fin os xigantescos carteis publicitarios verde fosforito de Mahía:

Antes:

Carteis a retirar (norte)

Agora:

Carteis a retirar (norte)

 

Por outro lado, o Concello arranxou a farola que estaba tirada na zona sur:

Carteis a retirar (norte)

Pasiño a pasiño…

Reunión con Concello e Mahía

Venres, Abril 11th, 2008

O pasado 31 marzo 2008 tivo lugar unha reunión entre a directiva da Asociación de Veciños de Augas Mansas, Mahía e o Concello de Teo, na que a directiva da Asociación solicitou:

 

A Mahía
1.- Retirada dos carteis de venda de chalés:

Carteis a retirar (norte)

 

2.- Colocación, antes do verán, dos seguintes carteis no ámbito da urbanización: a) Cans: proibición de levar cans ceibos e recollida obrigatoria dos excrementos que boten na vía pública, b) Rúas: Identificación dos números das vivendas na entrada de cada rúa.

 

Ao Concello
1.- A instalacion de contenedores para vidro e papel na zona sur:

Faltan contenedores vidro e papel

 

2.- Que, aproveitando as obras de asfaltado da estrada sisto vilar de calo, se rectifique o pintado da estrada que vai pola zona oeste da urbanizacion discurrindo de norte a sur:

Augasmansas oeste: falta liña contínua

 

3.- A reparación do contenedor roto na zona norte, e a millora do servicio de Coregal:

Contenedor roto na zona norte

 

4.- A correcta ubicación do sinal de Vilar:

Hai que poñelo no seu sitio

 

5.- Reparación de farola na zona sur:

Farola en Augasmansas sur (1)

 

A ambalasdúas

1- Solución para as licenzas de primeira ocupación

2- Mantenemento das zonas verdes

Tratáronse ademáis outros temas de interés para os veciños que serán expostos na próxima Asemblea.