
Xa están na web as fotos da noite de San Xoán e da sardiñada de 2010. Este ano hai poucas porque, dos dous fotógrafos que temos habitualmente, un estaba de viaxe (e coa cámara estropeada, para máis INRI), e o outro estaba asando chourizos.

Xa están na web as fotos da noite de San Xoán e da sardiñada de 2010. Este ano hai poucas porque, dos dous fotógrafos que temos habitualmente, un estaba de viaxe (e coa cámara estropeada, para máis INRI), e o outro estaba asando chourizos.

España 0 – Suiza 1, por blogpocket (cc)
Cando puxemos data á sardiñana nada sospeitábamos desta horrorosa coincidencia horaria co decisivo partido España – Chile do mundial. Non sabemos que vai ocorrer. ¿Aparecerá alguén cunha tele para que poidamos ver o partido mentres asamos as sardiñas? ¿Cantaremos os goles atragantados de chourizos e pan de bola? ¿Como responderá a comunidade augamansina ante esta complicada disxuntiva? A solución, esta noite, ás 9h, ao lado da piscina. O único que podemos garantir é que os organizadores, as sardiñas, os chourizos, as empanadas, a cervexa, a sangría e unha radio AM/FM estaremos alí coma cravos, colocando todo desde as 20.30h.
Actualización: salvo imponderables técnicos, poderemos ver o España – Chile en directo desde a sardiñada. Temos unha vella tele de tubo e trinta metros de cable de antena. Será a sardiñada máis kitsch e surrealista da historia de Augas Mansas.

A cacharela de 2009, momentos antes de ser acendida.
Como xa sabedes, o mércores 23 de xuño xuntarémonos cando empece a anoitecer para celebrar o San Xoán no mesmo lugar de sempre: xunto as piscinas. Antes, a partir das cinco da tarde, Pepe estará xa alí repartindo rifas entre tódolos nenos que se animen a levar a leña para facer as dúas fogatas, a grande e a pequena. Cando a leña estea lista, terá lugar un sorteo de premios sorpresa entre os participantes.
Por outro lado, a sardiñada queda convocada para o venres 25 de xuño ás 21h. (Xa sabedes, por outros anos, que facemos a sardiñada en día diferente ao San Xoán, coincidindo coa fin de semana para que a xente que queira quedar ata a madrugada poida facelo sen ter que madrugar polo traballo ao día seguinte.) Empezaremos a colocar as mesas e o resto de bártulos necesarios arredor das 20.30h; os que se animen a achegarse a esa hora para axudar a colocar as cousas serán benvidos.
Como sabedes, a xente que viña organizando a sardiñada tódolos anos ata agora xa non pode seguir organizándoa. Pepe (chalet 44) animouse nun comentario feito onte aquí en augasmansas.com a tomar o relevo e adicar algo do seu tempo libre para tratar de organizala este ano. Obviamente esto é algo que non poderá facer el só, así que, por favor, calquera persoa que teña ganas de que esta festa nosa non desapareza e estea mínimamente animada a botar un cable, que deixe o seu nome abaixo nos comentarios, ou que escriba a augasmansas (arroba) gmail.com ou, preferiblemente, que chame a algún dos teléfonos que figuran no papel que poremos en tódolos buzóns de Augas Mansas esta mesma noite.
En canto aparezan uns poucos voluntarios xuntarémonos para tomar un café e organizar o asunto. Esta petición de axuda vai dirixida a tódolos veciños, incluidos, por suposto, os anteriores organizadores: sería moi de agradecer que algúns de vós vos apuntárades tamén, cando menos a ese café no que organizaremos a festa, para transmitirnos parte da sabedoría sanxoanil que fóchedes acumulando ao longo destes anos…
Actualización (5 de xuño): Xuntámonos uns cantos; quedamos mañá domingo ás 20.30 no Pórtico para empezar a organizar o asunto.

A piscina dos nenos de Augas mansas
Así amenceu hoxe Augas mansas e boa parte de Galicia. Colapso en Lugo e Santiago, din os periódicos. En la capital gallega la situación es muy complicada. Se ha suspendido el transporte urbano y muchos quioscos se han quedado sin periódicos por falta de reparto. Además ha estado cortado durante horas el acceso al polígono de El Tambre desde Salgueiriños y a estas horas hay que utilizar preferentemente una vía de servicio y utilizar cadenas. La policía local recomienda no usar los vehículos privados para desplazarse por la ciudad incluso en las calles más céntricas donde la fina capa de nieve caída durante la noche se está convirtiendo en hielo. Ha señalado que, si es preciso utilizar el coche, se haga con cadenas. También hay problemas en el área metropolitana de Santiago como en O Milladoiro. Con esta situación, muchas personas han tenido problema para acudir a sus puestos de trabajo porque la circulación está colapsada. (De La Voz de Galicia.)

Houbo unha pequena reunión de augamansinos a primeira hora da mañá, na piscina, para facer intercambio de bolazos :-) Subimos algunhas fotos a unha das nosas galerías de internet. Os que teñades máis imaxes deste momento especial podedes envialas a augasmansas arroba gmail.com, se queredes que as engadamos a galería.
Engadido (9 de xaneiro): Hoxe espertamos de novo co manto branco que o cubría todo. Onte recibimos no correo electrónico de Augas mansas algunhas fotos máis da neve que xa engadimos á galería web. Tamén un veciño, Diego, suxeríanos botar un vistazo a un vídeo de Santiago de Compostela nevada…


Xa están en internet as fotos que fixemos nas festas augamansinas do San Xoan 2009. (Se alguén quere algunha das imaxes en alta resolución non ten máis que pedilo nos comentarios.)
Queridos veciños de Augas mansas, con esta entrada da web, que tamén recibirás por correo de papel, quedades convocados á tradicional sardiñada e cacharela que celebramos cada ano. O programa e o seguinte:
Venres 19 ás 21h: Festa gastronómica onde non faltarán as sardiñas, chourizos, bebidas variadas, música e baile.
Martes 23 ás 22:30h: Tradicional cacharela de San Xoán. Solicitamos aos veciños a que animen aos seus fillos a recoller ramas, caixas e demáis material para facer unha boa cacharela. Todos os nenos que colaboren recibirán un boleto para participar nun sorteo de regalos variados (pelotas de praia, mochilas, etc).
Todos os eventos levaranse a cabo como sempre nas zonas verdes colindantes coa piscina. Vémonos alí.
A Concellería de Cultura de Teo pon en marcha nestes días unha campaña de fomento da lectura chamada No entroido ler ten premio. A idea é utilizar o entroido como escusa para que os veciños e veciñas se acheguen ás bibliotecas municipais. Tedes toda a información na páxina web do Concello.