Prezad@s veciñ@s:
Como cada ano por San Xoán, a Asociación de Veciños de Augas Mansas organiza a sardiñada tradicional. O motivo deste comunicado e recabar os apoios particulares da veciñanza. De momento hai dúas persoas dispostas a colaborar. Para concretar responsabilidades e tarefas, faremos unha reunión entre @s interesad@s en participar o vindeiro venres 10 ás 20:00 no campo da sardiñada (a carón da piscina). Animádevos e asistide quen poidades.
Recibide un saúdo,
Asociación de Veciños de Augas Mansas