Composteiro

Xa temos resolto o problema da herba que, como sabedes, non se podía tirar nos contenedores de lixo normal. Agora podémola botar no novo composteiro que o concello colocou na zona sur da urbanización:

Mellorando a estrada

Estas son as instruccións de uso do composteiro:

 ¿Que se pode botar no composteiro?

  • Plantas da horta e o xardín, incluídas as “malas herbas”
  • Ramas trituradas ou en cachos procedenres de podas (de ata 3 cm de grosor)
  • Matas, matorreiras e herba seca
  • Follas caídas de árbores e arbustos (agás as da nogueira e loureiro real)
  • Céspede
  • Mondas e restos de froitas e hortalizas
  • Cáscaras de froitos secos

Non se pode botar no composteiro:

  • Materiais químicos ou sintéticos
  • Materiais non degradables (vidro, metais, plásticos)
  • Aglomerados ou contrachapados de madeira (nin as súas virutas)
  • Deterxentes, produtos clorados ou antibióticos

Por certo, se vos fixades, na zona dos contenedores que se ve na foto hai un novo que tamén colocaron hai pouco: o de papel para reciclar.

Deixa un comentario